Julia Varela
Xornalista, presentadora e escritora. Forma parte de RTVE, onde traballou como reporteira e comunicadora en radio e televisión. Desde 2023 presenta a segunda edición do programa Dúos Incribles na 1 xunto a Xavi Martínez. É ademais, comentarista do Festival de Eurovisión para RTVE desde 2015 e autora de ficción contemporánea.
Ángela Patricio
Psicóloga e consultora con máis de 20 anos de traxectoria profesional.
Experta en Saúde Emocional.
Fundadora de Punto de Apoyo, espazo de psicoloxía integrativa en Pontevedra.
Co-fundadora de Momento Calma.
Lorena Quintans
Asesora nutricional e directora do Centro Médico Estético Lorena Quintáns, é unha referente en benestar e coidado integral. O seu traballo céntrase en ofrecer asesoramento nutricional e tratamentos personalizados orientados a mellorar a saúde, a imaxe e o equilibrio corporal de cada persoa.
Dr. Sergio Raposeiras
Doutor especialista en Cardioloxía, traballa no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo e exerce como profesor na Universidade de Santiago de Compostela. É editor xefe de REC:CardioClinics e presidente electo de Cardioloxía Clínica da Sociedade Española de Cardioloxía. Ademais, dirixe en Pontevedra ou seu propio centro médico, Raposeiras Premium Saúde.
Loreto Iglesias
Farmacéutica en Farmacia Vilaboa, acompaña a mulleres nas distintas fases hormonais da súa vida.
Cunha atención próxima e baseada en escoita, ofrece orientación sobre saúde, autocuidado e benestar durante etapas como a perimenopausa e a menopausa.
Ana Latorre
Diplomada en Fisioterapia e máster en Terapia Psicoinmunoregenerativa.
É socia fundadora de Sentia Pilates Center en Pontevedra, un espazo dedicado á saúde e o benestar integral que combina fisioterapia, pilates, adestramento, psicoloxía, nutrición e estética.
Dra. María Fernández
Xinecóloga con máis de 15 anos de experiencia acompañando a mulleres en todas as etapas da súa vida. O seu enfoque integral combina coñecemento médico, tecnoloxía avanzada e escoita activa.
Especialista en saúde hormonal, endometriosis, anticoncepción e menopausa, o seu obxectivo é ofrecer un coidado personalizado que priorice o benestar físico e emocional de cada paciente.
Lidia Lestegás
Matrona que acompaña ás mulleres de forma integral para que vivan a súa maternidade e a súa saúde reprodutiva de maneira informada e consciente.
Traballa no servizo público de atención primaria na provincia de Pontevedra, exerce como matrona independente e desenvolve actividade docente en distintos niveis educativos.
Dr. Ismael González
Doutor en Endocrinoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela e investigador no Centro de Investigación Médica (CiMUS-USC).
Desenvolveu a súa carreira en España e Alemaña e publicou máis de 30 artigos en neuroendocrinología e metabolismo. É tambien revisor de varias revistas científicas.
Aurea González
Educadora social, especialista en psiconeuroinmunoloxía, estuda como a mente, o sistema nervioso, o sistema inmune e o endócrino interactúan entre si. O seu enfoque ofrece unha visión integral da saúde feminina, especialmente útil para comprender os cambios hormonais e emocionais que se producen na perimenopausa e a menopausa.
Yaeli Bermello
Fisioterapeuta especialista en xinecoloxía, uroloxía e obstetricia, con casi 10 anos de experiencia.
Ademais de toda esta formación específica tamén é osteópata, o que lle otorga unha visión mais global cando falamos de patoloxías
Raquel Fernández
Mestra de educación infantil e primaria. Leva desenvolvendo o seu traballo hai máis de 20 anos, anteriormente traballou de orientadora familiar para a Fundación socieducativa Antonio Gandoy, colaborando estreitamente con educadoras sociais e matronas. Na actualidade desempeña a súa labor educativa no CEIP Álvarez Limeses.
Con 38 anos diagnosticáronlle un cancro de ovario estadío 4, polo que tivo que someterse a unha peritonectomía, e, conseguinte histerectomía, o cal lle provocou unha menopausa precoz.
Alicia Esteban
Nacida en Lugo hai 72 anos, estudou Maxisterio e dedicou 45 anos da súa vida ao ensino, unha profesión que considera “a máis bonita do mundo”. Comezou como mestra en Portonovo, onde tamén exerceu como directora, e máis tarde continuou a súa traxectoria no colexio Campolongo de Pontevedra.
Representa a voz da experiencia e a reflexión sobre cómo afrontar a madurez e la menopausa dende la serenidade, o coñecemento e o autocuidado.
Ana Gayoso
Ana Gayoso, graduada en comunicación, maxisterio Infantil e Máster en estudos culturais.
Toda a súa carreira profesional foi encamiñada no mundo da prensa escrita, é colaboradora de Quincemil Santiago, foi colaboradora de A Revista da TVG e creou o seu propio podcast sobre feminismo para a plataforma da Radio Galega.
Actualmente traballa como colaboradora na Radio Galega no programa A tarde e na TVG no programa matinal O Termómetro. Dende moi nova tivo especial interese por observar como era a mirada da sociedade coas mulleres e canto silencio se garda sobre temas ben importantes como pode ser a menopausia, os abortos e toda a saúde sexual feminina.
Dra. Alexandra Henríquez
Xinecóloga e obstetra, especialista en senoloxía, patoloxía mamaria e oncoloxía xinecolóxica. Defende unha visión do embarazo e do parto cada vez menos intervencionista, centrada na confianza e no respecto polo corpo da muller.
É autora do libro «Ser mujer», unha guía práctica para comprender a saúde feminina, mellorar os síntomas e acompañar a muller en todas as etapas da vida, desde o inicio ata a menopausia.
INFORMACIÓN IMPORTANTE:
Aviso legal e ético e descargo de responsabilidade sobre o evento.
—
Todo o contido desta web e das redes sociais de Momento Calma é contido puramente divulgativo.
Para calquer asunto relacionado coa súa saúde, debe consultar ao seu médico ou profesional da saúde cualificado.
